top of page

Nadia Vázquez

Gaiteira galega

EVENTOS

Biografía

Nace en 1996 en A Guarda, onde comeza con 9 anos os seus estudos de gaita no Conservatorio Elemental de Música da Guarda. No ano 2015 obtén o Premio Extraordinario de fin de Grao na especialidade de Gaita e, nese mesmo ano comeza os seus estudos na especialidade de "Instrumentos da Música Tradicional e Popular de Galicia" (IMTP) no Conservatorio Superior de Música de Vigo da man de Rebeca Carrera. O 3º curso realízao como estudante erasmus na universidade LUCA School of arts, Campus Lemmens (Bélxica) onde se achega á Musette Barroca co Doutor Jean-Pierre Van Hees, un dos maiores especialistas do mundo. Durante esta estancia no estranxeiro impartiu conferencias sobre gaita galega en Bélxica e Eslovaquia e participou en varios festivais de música por Europa en Países como Bélxica, Eslovaquia, Croacia e Francia.

 

Complementa a súa formación académica asistindo regularmente a cursos e obradoiros impartidos por gaiteiros de recoñecido prestixio no país como Daniel Bellón, Pablo Devigo, Xurxo Fernández e Marcos Campos entre outros.

 

Como gaiteira participou en diferentes festivais de Europa (Francia, Croacia, Bélxica...), e nos últimos anos, participou en varios concursos de gaita solista como o recente Concurso Solista de Cornamusas (Francia) onde obtivo o 1° premio, XVII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina, 1° premio (2016), I Concurso de gaita e tamboril de Tui, 2° premio (2015).

 

Actualmente estuda un "Máster en Música" na especialidade de "Musette Barroca" na universidade LUCA School of arts, forma parte da Charanga do grupo de música e baile tradicional Traspés de Vigo e neste ano 2019 comeza o seu proxecto persoal Nadia Vázquez Trío xunto a Fernando Estévez e Martiño Malleiro.

Eventos pasados

bottom of page